viernes, 29 de julio de 2011

Homes de tras da Corda

Homes de tras da Corda - Carlos González Reigosa
Título original: Homes de tras da Corda.
Autor: Carlos Gonzáles Reigosa.
Género: Novela.
Año: 1982

De qué va:

Todos levamos un pequeno paraiso dentro. O paraiso da memoria e da infancia, os antigos soños, as primeiras historias, as vellas paisaxes que seguen dentro de nós e nos acompañan sempre. A Corda é unha serra das terras do norte de Lugo , alén das paisaxes cunqueirianas de Mondoñedo, "serra de andar de vagar, sen présa", di o autor, "para que os homes, pola meditación da natureza, se aveñan e amiguen consigo mesmo e co seu destino". Paisaxes e historias da montaña de Lugo, da Galicia interior e profunda. Viaxe sentimental á infancia do escritor, que consegue aquí os seus máis altos rexistros literarios, momentos de emoción poética realmente sobranceiros."O tesouro de Pedro Xesto", "O milagre que lle pasou ó Eladio", "A xustiza da Madriña", etc, son historias que nacen da experiencia, do vello mundo do relato oral, da antiga memoria que, como dicia o poeta Ri1ke, é a patria do home. Un libro especialmente recomendado para os amigos da nosa literatura.

Por cuánto me sale:
¿Lo has leído? Deja tu opinión en un comentario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario